17/01/18

VISITA DE LEO ( 4º EI )

Onte ó chegar a clase, atopámonos cunha sorpresa... Estaba Leo, a mascota da Bibilioteca Escolar, e un cofre de tesouros!! Dentro deste, descubrimos unha carta, na que Leo pedía axuda, xa que é unha serea e pasa moito tempo no mar, buscando libros e contos para a nosa Biblioteca. Leo necesita que lle axudemos a identificar animais mariños que poidan ser perigosos para ela.
Decidimos axudala, así que pensamos onde poderiamos encontrar información... Fumos á Biblioteca a buscar contos e libros sobre o mar, e ocorreúsenos a idea de preguntar ás familias, así que en breves... precisaremos máis AXUDA!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario