20/01/18

TABOA DE SURF (5º E.I.)

O luns ao chegar á escola tiñamos unha taboa de surf na aula, unha moi grande.
Sácamola da súa funda e observamos como era, logo tocámola,e atopamos unha parte áspera e outra suave. Preguntáronse porque era así ao tacto, e, ensineilles un trociño de cera, que ao principio dixeron era xabón. Ata que lles expliquei que era cera para botarlla a taboa para non resbalar cando nos subimos a ela e cabalgamos sobre as ondas do mar, por iso, onde ten cera, a taboa  é áspera. Tamén oléronna, e a cada un olíalle a diferentes cousas: vainilla, chocolate, para outros olía mal, etc.
Ao final encantoulles a taboa e xa decidimos como se vai chamar o proxecto deste 2º trimestre: "SURFEANDO POLO MUNDO"


Ningún comentario:

Publicar un comentario