A pasada semana Valentina trouxo a clase una grande sorpresa, MEDUSAS!!! As medusas estaban na praia de Malpica, e atopáronnas na area varios nenos e nenas da clase. O raro é que, cando as colleron eran azuis, pero cando meteron unha delas na casa en auga doce, cambiou a cor, e agora é transparente!!!
O Portiño da Gaia é o nome que recibe o antigo porto ao pé da ermida de Santo Hadrián. Neste espazo virtual compartiremos o traballo, tanto de produción propia coma de recursos alleos, do Proxecto Documental Integrado do CEIP Milladoiro para os cursos 2017/19 que terá como centro de interese: O Mar.
30/04/18
Venres robótico
O venres estreamos un novo material do Leolab, un xogo de construcción de pezas con tornillos moi intuitivo, e aprendemos a facer códigos Qr, neste caso, para utilizar nos muráis do mar do corredor.
Estes códigos Qr nos levan a ver vídeos dos animais mariños reais no seu hábitat!!!
Estes códigos Qr nos levan a ver vídeos dos animais mariños reais no seu hábitat!!!
25/04/18
Recuncho mariño ( 4º EI)
Os últimos días recibimos novas cousiñas para o Recuncho Mariño, Dania trouxo uns contos para compartir " Acuario", que fala de animais mariños a través de rimas e "El pez Arco Iris ", que transmite o valor de compartir, ademáis dun tesouro!!!!!! Unha Caixa do seu avó chea de cunchas distintas, formas de caracolas que nunca viramos , e todas procedentes de cando o avó embarcaba no Gran Sol.
Valentina trouxo outras cunchas, parecían iguais, pero ó tocalas e velas de cerca decatámonos de que eran distintas!!! Fixemos xogos con elas, sobre todo de conteo, e as utilizamos para facer ritmos!!!
Moitas Gracias

COMPARANDO MEDIDAS ( 4º EI )
Tras descubrir que o Cangrexo Ermitán medía 40 centímetros, utilizamos o metro para saber canto é esa medida, e aproveitamos para medirnos nos, e comparar as medidas!!!
Para ver as fotos premer no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/gb0rOH4cvgjkaSv13
Para ver as fotos premer no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/gb0rOH4cvgjkaSv13
BANDEIRAS DO MUNDO (5ºE.I.)
Aproveitando que xa coñecemos algunhas bandeiras e que nuns dos atlas que empregamos para buscar o país que visitamos; estivemos buscando entre todas as bandeiras do mundo as de Estados Unidos, Arxentina, Perú, Australia, Filipinas e Xapón. Conseguiron atopalas entre tantas bandeiras que hai no mundo, non podemos crer que haxa tantos paises e cada un coa súa propia bandeira.
XAPÓN (5º E.I.)
Continuamos coa volta o mundo surfeando, desta vez deixamos Filipinas para viaxar un pouco máis o norte ata Xapón, seguimos visitando paises insulares.
Aterramos no aeroporto de Tokio, visitando a cidade, da cal o que máis nos chamou a atención foi un paso de peóns onde cruza moita xente ao mesmo tempo e tamén cruzan en diagonal, Logo, visitamos o monte Fuji, un volcán inactivo, para finalmente ir a praia de Kuneguma a facer a nosa proba do mundial de surf.
A continuación déixovos os enlaces para as visitas:
PASO DE PEÓNS
MONTE FUJI
KUGENUMA BEACH
Nesta viaxe aprendimos como se din algunhas palabras en xaponés como por exemplo: hola. adeus, estrela fugaz, sol, Tokio, Xapón, Australia, etc. Encantoulles escoitalas en xaponñes, fixolles mloita gracia, así que désixovos o enlace para que tamén na casa aprendades un pouquiño de xaponés TRADUTOR ESPAÑOL - XAPONÉS.

24/04/18
Radio escolar: Radio Balea.2º
No 2º trimestre estreamos Radio Balea con gran éxito, voltaremos ao longo deste último trimestre!
19/04/18
Cando en Malpica se cazaban baleas
Un traballo do primeiro trimestre que aínda non tiñamos publicado, feito tras a visita do profesor Xurxo Alfeirán.
15/04/18
BUSCAMOS E ATOPAMOS
Esta semana a nosa compañeira Celia tróuxonos un libro de animais mariños no que tiñamos que buscar os animais da parte inferior do libro, na parte superior en diferentes hábitats mariños.
Gracias a Celia por este préstamo.
09/04/18
FILIPINAS (5º E.I.)
Continuamos coa nosa viaxe. Despois do parón das vacacións, para disfrutar da nosa casa, collemos o avión rumbo a Filipinas, que está moi pretiño de Australia. Ao chegar observamos que mentras Australia é unha illa moi grande; Filipinas está formada por varias illas.
Aterramos en Manila, e aproveitamos para visitala, e ver que ten unha parte vella onde se atopa o forte Santiago. Logo, visitamos algo moi característico do país, que son os arrozales en terrazas. E, finalmente, collimos rumbo a Siargao para a próxima proba do mundial de surf.
Déixovos os seguintes enlaces para que tamén poidades visitar o mesmo ca nós:
MANILA
FORTE SANTIAGO
ARROZALES EN TERRAZAS
Aterramos en Manila, e aproveitamos para visitala, e ver que ten unha parte vella onde se atopa o forte Santiago. Logo, visitamos algo moi característico do país, que son os arrozales en terrazas. E, finalmente, collimos rumbo a Siargao para a próxima proba do mundial de surf.
MANILA
FORTE SANTIAGO
ARROZALES EN TERRAZAS
06/04/18
XOGOS CON CUNCHAS ( 4º EI )
No segundo trimestre, no cofre dos tesouros da serea Leo, apareceu unha caixa chea de cunchas de berberechos. Esta vez utilizámolas para traballar o conteo, a descomposición do número tres e facer creacións artísticas con elementos naturais.
Tamén descubrimos , gracias á profe Patri, que as cunchas de vieiras serven para facer música!!!
Tamén descubrimos , gracias á profe Patri, que as cunchas de vieiras serven para facer música!!!
INVESTIGANDO AS CARACOLAS: CHAMADO Ó CAPITÁN DE BARCOS ( 4º EI )
Hoxe continuamos buscando resposta á pregunta... terían algo dentro as caracolas cando vivían no mar?
Os nenos e nenas viñeron con respostas das casa, todos estaban de acordo en que as caracolas no mar teñen algo dentro, uns dicían que bichiños e outros que gusanos.
Decidimos chamar ó avó de Breixo, que foi capitán de barcos, para buscar a resposta correcta. Baixamos á conserxería, cada neno e nena tiña un número que marcar, chamamos e conseguimos una resposta:
AS CARACOLAS SON COMO OS CARACOIS DA TERRA, SOAMENTE QUE NON TEÑEN CORNOS!!!
Seguiremos investigando sobre estes animaliños. Moitas grazas!!!!

RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )
Continuamos ampliando o recuncho mariño cun par de debuxos de caracolas feitos por Juan. Moitas gracias!!!
05/04/18
AS CARACOLAS ( 4º EI )
A partir da caracola que trouxo Juan, comezamos unha nova liña de investigación, e levamos toda a semana sendo detectives. Por suposto, aínda non resolvemos a nosa dúbida... terían algo dentro as caracolas cando estaban no mar?
Mañá continuaremos comprobando as fontes de información que propuxemos o martes na asemblea.
Se queredes escoitar os programas de radio Balea, premer no seguinte enlace, que ademais está no lateral do blogue principal do cole
http://bemilladoiro.blogspot.com.es/
http://bemilladoiro.blogspot.com.es/
Recuncho mariño: as caracolas ( 4º EI )
O martes, tras a volta das vacacións, Juan trouxo unha caracola, mirámola, escoitámola, tocámola... e por suposto xurdiron dúbidas!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)