03/11/17

VISITA DA BIÓLOGA LAURA ( INFANTIL)


O luns 30, tivemos a grande sorte de recibir a visita de Laura, que é bióloga e amiga da profe Patri. Falounos dun montón de cousas sobre a vida no mar : as baleas, animais que brilan na ocuridade, cunchas, corais, esponxas de mar, algas, orellas de mar... e ademáis deixounos tocar as cousas que trouxo, pero para iso precisamos das gafas de científicos que ela mesma nos regalou, Moitísimas grazas por vir e colaborar coas profes de infantil!!!!!!

 

02/11/17

Paco Souto. In Memoriam

Esta foi a homenaxe do noso alumnado a Paco Souto.
Con este acto, dou comezo o programa Novas crónicas de Malpica.
Recitaron poemas de Antonio García Teijeiro no seu libro Poemar o mar, que ven de ser distinguido co Premio Nacional de Literatura.
Nada máis acaído para lembrar a Paco: Poesía e mar.

VIII Semana das Lecturas Terroríficas

Este ano houbo gran diversidade: lecturas de contos, contos de creación propia, cancións... e ata un espectáculo de luz e son que nos ofreceron os máis pequenos.
Tivemos tamén un divertidísimo informativo sobre un gran monstro mariño aparecido en Malpica que inventaron os nenos e nenas de 5 anos.
O mar, e o medo, deron para moito.
Como final da semana, os escolares de 6º de primaria ofrecéronnos un recital poético con poemas do libro Poemar o mar, na memoria de Paco Souto

30/10/17

MUSEO DO MAR DE LAXE



O pasado xoves 26 de outubro todo o ciclo de Educación Infantil fumos visitar o Museo do Mar de Laxe, onde Joaquín explicounos moitas cousas sobre o Mar. Primeiro vimos unhas fotos antigas de Malpica onde non reconocíamos case nada, tamén vimos distintos barcos e as súas maquetas, que pescaban e como facían a súa maniobra, un oso da mandíbula da balea, un cañón... moitas cousas e todas moi interesantes. Á volta paramos no faro de Punta Nariga e estivemos vendo as illas Sisargas dende outra prespectiva e a clase de 6º E.I. buscou a pedra da Percebillosa, que é como se chama a súa clase. Podedes ver todasa as fotos da excursión premendo no seguinte enlace: Museo do Mar.

24/10/17

Que embarcación é?

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, elaborou o contido desta publicación que vos achegamos.

Ten o valor de mostrar dun modo didáctico as características das nosas embarcacións tradicionais.

Os máis propios de Malpica son os que aparecen nas páxinas 22 e 40.
Queres saber cales son? Pois tes diante dos ollos a resposta.

23/10/17

MAR DECORES (5º E.I.)

Estivemos facendo peixes de cores, coloreando e logo picando, e no oco do peixe puxemos papel celofán de distintas cores para logo poñelos na caixa de luz e facer un mar de cores. Quedou moi bonito, encantounos o efecto das luces sobre o papel celofán.




Baleas

Esta mesma colección ten máis publicacións con outros animais.

20/10/17

O fondo do mar cheo de tesouros

Xa está aquí a selección de lecturas para o Samaín. O escenario no que se xuntan restos de naufraxios e tesouros é o fondo do mar. Ven á biblioteca escoller os teus tesouros!

19/10/17

SOMOS PERCEBES (5º E.I.)

Outra cousa que nos trouxo Nicolás foi unha careta de percebe, a cal puxémola todos e sacamos unha foto. De xeito que ese día todos foron da mesa dos percebes. Algún é fácil de identificar coa careta posta, outros costa un pouco máis de traballo. A verdade é que estaban impacientes por poñela.


16/10/17

MAR E PEIXES (5º E.I.)

Coas cousiñas que mandáchedes fixemos diferentes actividades, coma escoitar o mar, aínda que algún dixo que escoitou golfiños. Tamén buscamos peixes, é dicir, sacamos un peixe da bolsa e había que buscar un igual no cadro dos peixes de Galicia. Pasámolo xenial.

10/10/17

Cando en Malpica se cazaban baleas

Visita de Xurxo Alfeirán from bemilladoiro on Vimeo.
Hoxe, como xa tiñamos anunciado, recibimos ao profesor Xurxo Alfeirán. Preparou para nós unha clase maxistral na que, ademáis de recoller todo o seu coñecemento sobre o pasado baleeiro de Malpica, demostrou que ser MESTRE non é un traballo: é unha condición persoal. E Xurxo é MESTRE. Aprendimos moitísimo do seu coñecemento. Agradecemos o esforzo e seguiremos a contar con el tódalas veces que el nolo permita. E, agora.... a seguir investigando!
Novo avistamento nas costas galegas no día de hoxe

09/10/17

DOCE E SALGADO (5º E.I.)

Fomos á cociña  a experimentar como sabe a auga doce e salgada, para saber en que tipo de auga  viven os animais mariños. Botamos auga en dous recipientes, nun cunha cucharada de azucre e outro con sal, e, logo, mollamos o dedo en sal e azucre e probamos os dous.
Algún foi moi expresivo á hora de dicir cal tiña mellor sabor, pero outros dixeron que tanto o sal coma o azucre sabían ben, non notaban ningún tipo de diferenza. Creo que algún está tan afeito a vivir tan preto do mar que o sabor salgado parecelle atractivo. 😄😄😄😄😄😄😄😄😄😄😄😄


Admunsen, o explorador do Polo Sur

Velaí a historia de Admunsen, o primeiro home que chegou ao Polo Sur. Tamén cho deixamos en forma de libro.

06/10/17

Visita: Xurxo Alfeirán

O vindeiro martes día 10 imos recibir ao profesor Xurxo Alfeirán para falarnos do pasado baleeiro de Malpica.

A actividade está enmarcada dentro do noso primeiro trimestre de traballo:
O mar que foi...
do Proxecto Documental Integrado do presente curso:
O mar que nos dá...

Falará para todos os cursos repartidos en dous grupos.

Xa estamos impacientes por escoitalo.